Benvidos!

Ola, benvidos ao meu blogue. Espero que sexa do voso agrado, aínda que teño que recoñecer que non é que me esforce moito, nin escribindo nin en mostrar unha boa apariencia. Que va, é broma. Si que me esforzo e si non vos gusta ou non mo digades ou mentídeme. Veña, pasádeo ben por estes lares!

domingo, 18 de diciembre de 2011

Mirade que bonitiño

Podedes seguir algunhas das miñas páxinas dende esta páxina:

jueves, 15 de septiembre de 2011

As miñas experiencias en Coruña

Xa na primeira semana que estou aquí me pasan cousas raras.
Para variar, cando chegamos ao piso non funcionaba Internet así que chamei ao servizo técnico para que nos viñeran arreglar o asunto.
O luns chamoume o técnico para ver si estaba na casa e podía vir mirar iso. Total, que cando chega ábrolle a porta e entra sin dicir nada. Cando se dá conta do que fixo, párase no pasillo, mírame e díceme: soy el técnico. Ao que eu só podía responder: xa xa.
Ponse a mirar o router e pregúntame donde está o PTR. Dígolle que na habitación do lado (a de Paula). Entra, apártome un pouco e quédase mirando para o corcho de Paula, o que xa me chamou a atención. Doume conta de que deixamos a porta de fóra aberta e auséntome para pechala. Cando me acerco de novo á habitación estaba mirando as fotos que ten Paula pegadas na porta do armario. WTF? Cando sente a miña presencia sobresáltase e dice que ten que baixar mirar de donde vén o problema. Baixou e subiu varias veces, a última para recoller unha funda que se deixou na habitación da xa mencionada Apula (por variar o nome, je je). Cómpre dicir que desta última vez tamén entrou sin esperar a que eu lle dixera: pasa pasa. Entrou directo á habitación dicíndome que se olvidara non sei que.
O caso é que tiña que volver ao día seguinte porque non conseguiu arreglar nada xa que "los cables están cruzados en una caja que está aquí fuera y en la central. Tu línea la recibe otra persona". Cousa que non entendín para nada, pero bueno.
Chega o martes para comprobar si se solucionara e ao ver que si, chamou á operadora para que fixeran as comprobacións necesarias. As liñas debían de estar saturadas porque se desesperaba e dicía seguido: a ver que quiero ir a comeeeeeer!
Despois de varios minutos intentando falar con alguén díceme: te importa si me conecto a internet?
Entón eu guieino ata a miña habitación para que usara o meu ordenador. Fun colocar o telefóno fijo ao lado do router (porque o que tiñamos non funcionaba e Paula trouxo outro e bah isto non vén a conto) e cando volvo á miña habitación vexo que o tipiño este está...xogando ao xadrez. Entón a min debeuseme quedar unha cara...non sei, só puiden irme á habitación de Antón (o noso novo compañeiro de piso) para rirme en silencio e contarlle o ocorrido.
Logo, o señor sae da miña habitación falando con alguén por teléfono. E de alí a un pouco imaxino que a que o estaba atendendo o puxo en espera porque empezou: operadora? operadora?! cómo te llamabas? cuál era tu nombre? operadora?? chica! chica!! operadora? ah, ola Isabel, yo soy Ángel. E xa non oín máis porque estaba intentando non soltar a carcajada.
Pois iso, que esa é a historia de hoxe. Xa levaba tempo sin escribir e sin entretervos, pero tampouco é que tivera moito que contar.
Ala, sede felices!

miércoles, 17 de agosto de 2011

Delgadez extrema

Si, estou moi delgada e dou asco. Ou iso me dan a entender nesta miña casa.

martes, 2 de agosto de 2011

A rapa das bestas outra vez

Onte acordeime dunha das miñas entradas mentres estaba vendo Cuatroº. Puxeron imaxes dunha rapa das bestas. É aínda peor do que esperaba. Pódese apreciar como a xente disfruta tirándose coma salvaxes encima dos animais, todo para demostrar...o que? A valentía? Non sei, eu o único que vin foi un montón de xente abalanzándose contra os pobres cabalos para despois cortarlles a crina.
Eu son unha persoa tolerable, pero é que isto supérame. É como o tema dos toros. Por que á xente lle parece divertido lastimar ao resto dos seres vivos? En fin, ten que haber de todo no mundo.

sábado, 9 de julio de 2011

Hoxe por primeira vez na miña vida presenciei un accidente.
Viña con Jaime de Ferreira, de ir buscar uns sofás para levar ao Castelo. No cruce de Cangas óese un golpe. Penso de todo. Un fuego artificial (son as festas de Cangas), pisamos algo...un accidente. Mirei a un lado e vin os coches arrastrándose. Diante nosa había unha furgoneta e non puiden ver como foi exactamente, pero é deducible. O mellor de todo foi que o da furgoneta de diante largouse sin parar a axudar.
Jaime e eu baixamos, el intentou abrir a porta dun dos coches, no que ían dous señores que non podían saír. Pero eu non sabía que facer. Nin teño forza nin teño nada. Só nervios.
No outro coche ía outro señor ao que puideron sacar, pero berraba e queixábase moito da espalda.
Miña nai chamara á ambulancia, pero aínda non aparecera ninguén. Os primeiros foron os de tráfico. Decidín irme de alí, total, xa non podíamos facer nada. Só esperar a que chegase a ambulancia.
Un señor estaba ao lado do meu coche, que o parara ao lado dunha entrada a un campo porque non había outro sitio. E cando me veu acercarme a el xa me empezou a dicir que o quitara para diante, que si non vía que estaba tapando a entrada. Eu flipando. Metinme no coche para esperar a que un dos guardias me mandase saír, e o señor petándome na ventá, que movera o coche para diante. Veuse ata a ventanilla do meu lado e empezou a berrarme que si non o oía. E a todo isto, a ambulancia aínda non chegara. Estou moi cabreada.
Polo visto chegou cando estábamos saíndo, pero eu non me din conta porque xa non sabía nin para onde mirar.
Os tres señores, os dous que ían nun dos coches e o que ía solo, están ben. Só moi nerviosos e un deles debeulle de pasar algo na espalda. Pero puido ser peor.
En fin...Horrible.

lunes, 13 de junio de 2011

Ola, levaba moito tempo sin actualizar a causa dos exames e todo iso. Tampouco teño nada que contar, pero para todos aqueles seguidores fieis, que saibades que sigo viva :)
Estou vendo as noticias con miña nai. Interesante non si? Pois ala, que sexades felices e xa vos informarei de calquera acontecemento que mereza a pena mencionar.

jueves, 26 de mayo de 2011


A mellor serie do mundo.

viernes, 29 de abril de 2011

Eficiencia.

Onte fun a urxencias por unha dor no lado esquerdo da barriga que me leva molestando varios días e, despois de dúas horas esperando para que me atendesen, miroume un médico (moi amable, iso si) e recetoume un medicamento máis unha dieta para algo que non teño.

miércoles, 27 de abril de 2011

Traducións épicas.

Hoxe descubrín o divertido que é traducir o meu blogue ao español mediante o tradutor de Google. Aquí vos deixo os exemplos máis graciosos, si queredes ver máis só tedes que traducir. Non fai falta que leades todo, con ler a traducida e mirar por encima a orixinal chega xDDD

Entrada orixinal:
Conversas en A Coruña
Hoxe no bus oín algo así como:
- Si si, y le digo...ah, entonces tu eres nacionalista, no? y me dice...No, soy gallego! (os dous que ían falando riron).
Pero que puta merda é esta? Odio á xente así. Ríndose como si ser galego fose inevitablemente o mesmo que ser nacionalista...ARGJHAHJ!!

Entrada traducida:
Conversaciones en Sao Paulo
Hoy en día en el autobús oí algo así como:
- Sí, sí, y decir que ... ¡ah, entonces usted es nacionalista, en? y me dice ... no, el gallego de soja! (Los dos se rieron al hablar).
Pero ¿qué coño es esta perra? Odio a la gente por el estilo. Galicia se ríe como si fuera inevitable lo mismo que ser nacionalista ... ARGJHAHJ!

Entrada orixinal:
Meu Deus, vaia loucura. Moita festa. Paseino xenial, fantástico! Aínda que agora estou morta, nunca chegara tan tarde á casa. De todas maneiras mañá será mellor cos nosos disfraces épicos :D Polo de agora aquí vos deixo o noso retrato da noite. Guapas, a que si? Je je.

Entrada traducida:
Dios mío, se vuelven locos. Muchas partes. Paseino brillante, fantástico! Incluso ahora que estoy muerto, yo nunca había vuelto a casa tan tarde. De todos modos mañana será mejor con nuestros disfraces épica: D Por ahora, aquí os dejo nuestro retrato de la noche. Hermoso, ¿qué es? Je je.

Entrada orixinal:
Creo que existe algún tipo de magnetismo que, en moitas ocasións, leva os estudantes a sentir que non teñen ganas de facer nada. De non ser así, son a persoa máis vaga que existe. Por que raios non dou feito nada de proveito? Que suplicio. De todas maneiras non son a única á que lle pasa, así que mal de moitos consolo de tontos. Como é ese dito en galego? Ten un equivalente? Non sei, pero enténdese.
En fin, o último ano de carreira quero ir de Erasmus. Se non me pillan para a universidade alemá en que se estuda galego irei a Brasil. Xa, é unha loucura, pero é que alí todo é moi divertido.

Entrada traducida:
Creo que hay una especie de magnetismo que a menudo lleva a los estudiantes que sienten que no tienen ganas de hacer nada. De lo contrario, yo soy la persona que no es más vaga. ¿Por qué diablos no le dé nada ventaja hecho? ¿Qué tortura. De todas formas yo no soy el único que gasta, mal consuelo para muchos de los necios. ¿Cómo se dice en gallego? Usted tiene un equivalente? No sé, pero es percibida.
Por último, el último año de carrera me quiero ir de Erasmus. Si el botín a la universidad alemana donde se estudia Galician'll ir a Brasil. Ya, es una locura, pero eso es todo lo que hay es muy divertido.

Entrada orixinal:
Polo menos hoxe non é a mesma canción de onte, que non contento con que se oíse en toda a rúa, cantábaa a toda voz: Me cago en esos putos rumanos, hijos de puta, putaaa.

Entrada traducida:
Por lo menos hoy no es la misma canción de ayer, no está contento con lo que se escuchó en toda la calle, a cada cantábaa voz: Me cago en organismos europeos de normalización rumano Hijos de puta, putaaa putos.

martes, 26 de abril de 2011

Buseros con ganas de cabrearme

Esta é a ruta diaria dun señor que conduce o autobús universitario en A Coruña (busero para resumir) dende a miña facultade (a de filoloxía) ata Pajaritas. Si non o apreciades ben, facede click nas imaxes para amplialas:


E esta foi a que decidiu facer o busero de hoxe (fixádevos nas etiquetas e seguídeas por orde alfabético, obviamente):

Subnormal. Que conste que a etiqueta B está tapando unha rotonda que tivo que pillar para poder chegar ao punto C. Pódese ver esa rotonda na primeira imaxe. Dígoo para que non se pense que se podía xirar directamente do punto B ao C.

PD: Cómpre dicir que o resto de autobuses estaban baixando polo sitio habitual.

domingo, 24 de abril de 2011

Vacacións.

Esta semana santa non fixen nada. Dediqueime a tirarme no sofá e na cama, ver capítulos de The big bang theory, xogar á wii e saír algún día que outro a tomar o aire. Non sei que me pasa, cada día a vagancia faise maior. De todas maneiras esta semana poñereime as pilas.


.

.

.

jueves, 14 de abril de 2011

Cabezazos contra portas de madeira.

Hoxe, cando estaba dirixíndome á casa aquí en Coruña, un rapaz duns 25 anos decidiu mostrar a súa furia ao mundo dando un cabezazo contra a porta do taller que está xusto ao lado do noso portal. Non sei si aquí é moi frecuente facer iso, pero a verdade é que é a primeira vez que o vexo e chamoume bastante a atención. Supoño que ten que haber xente para todo.

sábado, 2 de abril de 2011

Un dos meus veciños está escoitando Melody. Xa é o que me faltaba.

Insomnio

Levo unhas catro horas intentando quedar durmida e non hai maneira. De risas. Pero polo menos vin unha película moi bonitiña: Enredados. Pensei que non me gustaría pero a verdade é que está ben. E aquí unha das imaxes (sacada de cuantocabron, por suposto):


lunes, 21 de marzo de 2011

Son unha boa persoa.

Hoxe é o terceiro día que fago unha boa acción neste mes. A primeira foi en Entroido; fun comprar uns lazos para o meu disfraz de sombrereiro tolo (ou cafetero misterioso para outros...hahaha) e devolvéronme 10e de máis. Ao principio funme pensando fuck yeah pero despois os remorsos eran tan grandes que volvín para devolvelos. Logo, outro día ceando na Boccata, non se deron conta de cobrarme a bebida e díxenllo. E hoxe, por último, cando fun comprar o pan, o dependente pensou que lle dera 2e en vez de 1e e devolvíame 1.3e. Non os aceptei, por suposto.
E nada, empezo a pensar que en vez de boa persoa son un pouco tonta. A que si? He, he.

domingo, 20 de marzo de 2011

Timmy

Onte recibín unha petición de entrada e eu accedín, polo que vou cumplir coa miña palabra.
Que decir desta rapaciña que vedes aquí? (a da dereita)


Vale, quizais non a recoñezades así, mellor vou poñer outra imaxe...jijiji

Guapas eh? Je je.
Pois ala, que esta muller está tola e só quería advertirvos de que si a vedes pola rúa escapedes. Sobre todo si vades conducindo un coche cheo de cochos. Aí onde a vedes, unha vez púxose a correr detrás dun camión que transportaba cochos só para sacarlle unha foto...Hahaha.

Por outra parte debo explicar por que o nome de Timmy. Ben, houbo uns meses que tan só saíamos nos periódicos con caretos e posturas peculiares, o que nos fixo pasar a chamarnos como este personaxe dunha famosa serie:


En fin, e creo que mellor vou parar porque se sigo quizais me mate polas fantabulosas imaxes que podería poñer. Je je je je. Nada, que é Timmy e o nome díceo todo. Timmy? Timmy!!!!!

Por certo, gracias pola dedicatoria da canción de onte, que ben sei que che costou o teu que o tipo che fixera caso...tanto que ao final tiveches que pillar ti o micro para proceder a decir algo así como: "Para Timmy, de Carmeeen"... haaaaaahaha...Que ben o pasei rapasiña.

Ale, sin nada máis que dicir, despídome.
Un bico ;)

jueves, 17 de marzo de 2011

Pero en que mundo vivimos???

Estou vendo as noticias, con respecto á famosa fuga de ondas radioactivas en Fukushima ou como se escriba. Os países están axudando aos cidadáns que estén alí a saír do país. É dicir, EEUU manda avións para que os estadounidenses volvan ás súas casas ao igual que Alemania e outros países. Pero iso si, os viaxes tamén os teñen que pagar, COMO NON. Pero vamos a ver? De que vamos?
Mentres tanto en España o rei dá un fantástico discurso en que se dirixe a Xapón, dicindo entre máis cousas o seguinte:
Saben que pueden contar con todo el apoyo (...) de España.
Apoio? Que apoio? O mesmo que se nos dá a nós ante a crise? Claro, a xente en Xapón sufrindo e pasándoo mal e nós aquí dando premios e trofeos a non sei que representante xaponés de non sei que cousa. De verdade é iso o que precisan? Buf, non sei, a xente está cada día peor, non podo entender que pasa.
Tamén vin como un catedrático de física da universidade de (Alcalá? non me acordo) dicía en directo que o método que están a empregar os xaponeses para evitar o desastre non servirá de nada. Que vai pasar segundo este señor? Haberá unha explosión, as ondas expandiranse por doquier, facendo que unha zona de 100km ao redor da central sexa inhabitable durante moitos séculos (100 KM DURANTE SÉCULOS). Difícil de crer, non? Ben, só hai que ter en conta que Hiroshima e Nagasaki aínda teñen zonas en cuarentena, por non dicir que o están por completo. Por último este señor dixo que as ondas chegarán aquí, non con tanta forza como por Asia, por suposto, mais estarán no aire. Eso es lo que pasa cuando la arrogancia humana hace pensar que se puede jugar contra la naturaleza.
Non son experta en química nin en física, pero realmente non sei que pensar. A min personalmente dáme medo o que poida chegar a pasar, mais que podo facer? Nada. Esperar sentada a que chegue (ou non) o que teña que chegar.
En fin, vou seguir comendo que se me enfría a comida.

martes, 15 de marzo de 2011

A Coruña, de novo.

Non sei que pasa nesta cidade. Ao mellor os aires de Riazor, quizais o recordo de Breogán ou pode que o espírito de Xerión en busca de vinganza estén facendo que a xente por aquí se volva tola.
Señores que practican Tai Chi en parques públicos, conversas irracionais en autobuses universitarios, veciños que cantan a grito pelado cancións de todo tipo...e agora entérome da existencia de bandas latinas que pegan palizas se non estás disposto a darlles os teus aforros. O que me faltaba.
Oh, Hércules, vén de novo na túa barca e limpa toda esta morralla! (Os veciños e a xente que practica Tai Chi non, que eses fanme gracia).

lunes, 14 de marzo de 2011

Conversas en A Coruña.

Hoxe no bus oín algo así como:
- Si si, y le digo...ah, entonces tu eres nacionalista, no? y me dice...No, soy gallego! (os dous que ían falando riron).
Pero que puta merda é esta? Odio á xente así. Ríndose como si ser galego fose inevitablemente o mesmo que ser nacionalista...ARGJHAHJ!!

Aires da miña terra

Nunca pensei que me gustaría un libro de poesía, mais cando comecei a ler esta fantástica obra de Curros sorprendeume o moito que me estaba gustando. Recoméndovos a todos aqueles que vos guste ler, e inclusive aos que non, que lle botedes unha ollada. Confiade en min!

jueves, 10 de marzo de 2011

domingo, 6 de marzo de 2011

Primeiro día de entroido

Meu Deus, vaia loucura. Moita festa. Paseino xenial, fantástico! Aínda que agora estou morta, nunca chegara tan tarde á casa. De todas maneiras mañá será mellor cos nosos disfraces épicos :D Polo de agora aquí vos deixo o noso retrato da noite. Guapas, a que si? Je je.


martes, 1 de marzo de 2011

Días de vagancia extrema

Creo que existe algún tipo de magnetismo que, en moitas ocasións, leva os estudantes a sentir que non teñen ganas de facer nada. De non ser así, son a persoa máis vaga que existe. Por que raios non dou feito nada de proveito? Que suplicio. De todas maneiras non son a única á que lle pasa, así que mal de moitos consolo de tontos. Como é ese dito en galego? Ten un equivalente? Non sei, pero enténdese.
En fin, o último ano de carreira quero ir de Erasmus. Se non me pillan para a universidade alemá en que se estuda galego irei a Brasil. Xa, é unha loucura, pero é que alí todo é moi divertido. Como diría a miña querida Tánxela: http://www.youtube.com/watch?v=7bkA_DumzvI Estoy envuelto en llamas, y bailo!
Hahahahaha.

domingo, 27 de febrero de 2011

Onte morreu Timmy. Non podo nin coidar dun peixe durante un mes. Realmente consólame pensar que non foi de todo culpa miña. Polo que me dixeron xa estaba debilitado e por iso se deixou levar pola corrente do filtro. Mais ben, é o que hai.
Para alegrarme comprei unhas nike preciosas e unha camiseta de Arale que mola moito. Aquí vos deixo as miñas adquisicións. Quizais cando se me pase a depresión compre outro peixe. Este, tal e como prometín, chamarase Tánxela.
Veña, un saúdo!

jueves, 24 de febrero de 2011

Hoxe había un señor practicando Tai Chi no medio dun miniparque. Tiña un carro da compra ao seu lado, destes que usan as señoras maiores cando van ao mercado ou comprar calquera cousa. A xente pasaba polo seu lado, mirábao, xiraba a cabeza e negaba cun aceno de reprobación. Porén, eu mirábao e morría de risa. Sobre todo cando empezou a levantar a perna intentando mantela nun ángulo recto. Hahahaha!!

martes, 22 de febrero de 2011

Timmy vai morrer

Estaba eu tan tranquila xogando ao Tekken (vale, tranquila non, estaba berrando e toleando) cando de repente miro os meus peixiños e vexo que falta Timmy. Estaba enganchado no puto filtro. Saltei do sofá coma se houbese un resorte debaixo miña, desenchufeino e metín a man para desenganchalo desa trampa mortífera, esperando que seguise tan ben coma sempre. Pero non foi así. Agora está sen forzas, vivo, pero sen forzas. Non pode nadar, ten a aleta rota. Vai morrer. Estou moi triste. Aínda encima non podo pillalo e acaricialo como faría con calquera outra mascota. Que impotencia. Putos filtros de merda. Non quero que morra :(

lunes, 21 de febrero de 2011

Cabreo máximo

Sempre me considerei unha persoa que, máis ou menos, se leva ben con todo o mundo. Tampouco consideraba que fose odiada por ninguén. Nunca fixen nada que puidese molestar á xente. Ou iso pensaba ata hai uns minutos.
Polo visto o feito de falar galego converteuse nun motivo para que alguén me odie. Para que me odie moito. Estou cabreada, cabreadísima. A historia foi máis ou menos así:
X: "Y" te odia. Mucho.
Eu: A min? Por que?
X: Porque hablas gallego. Dice que hablas gallego arcaico.
Eu, entrando nunha ira profunda falei con "Y".
Eu: Que é iso de que falo galego arcaico?
Y: Gallego ultranormativo.
Eu: Galego ultranormativo? Como se nota que non sabes o que é o galego normativo, porque como o chegase a falar igual me chamas reintegracionista.
Y: Cuando entienda lo que me dices igual podemos mantener una conversación xDDDD
Eu: Non me entendes por falar galego ou porque uso termos que non entran na túa lingua cervantina?
Y: No entendí reintegracionista. (...)
Ben, deixo a conversa aquí porque non hai moito máis que contar. Non penso dar nomes, así que non mos preguntedes. Que conste que non odio os reintegracionistas nin nada polo estilo. Simplemente faime gracia que alguén diga que eu, coa cantidade de castelanismos que emprego a diario, falo galego ultranormativo. Por tanto, imaxinádevos se chego a falar correctamente, sen ningún tipo de interferencia...Quizais non se entende a ironía, pero nese caso só tedes que preguntarme, non terei problema en explicalo.
Teño ganas de romper cousas, de gritar, de chorar de rabia. Non sei, é incrible que alguén poda odiar a outra persoa simplemente polo feito de falar un idioma en concreto. Mais, que é o peor? Que estou segura de que se polo contrario o que falase ultranormativo fora o inglés, a cousa sería distinta. Probablemente sería un feito de admiración.
Todo este tema recordoume a unha entrada do meu amigo Joaquín que casualmente lin hoxe. Deberiades lela, que é moi interesante: http://pidamos-o-imposible.blogspot.com/2011/02/porque-e-unha-lingua-bruta-que-soa-mal.html
En fin, non teño máis que dicir.

domingo, 20 de febrero de 2011

Listo

Acabei de modificar o meu blogue. Non sei se quedou mellor pero agora xa foi.
Agora estou chorando como unha tonta tras ver Esta casa era una ruina, versión de EEUU. Incríbeis historias as que se poden ver neste programa. Encántame.
Ben, perfecto, agora que me iba poñer a estudar, o veciño de arriba púxose a escoitar música a todo volume. Polo menos hoxe non é a mesma canción de onte, que non contento con que se oíse en toda a rúa, cantábaa a toda voz: Me cago en esos putos rumanos, hijos de puta, putaaa.
E eu que pensaba que esas cancións xa non se oían...En fin...!!
Deus, isto é horrible. Música techno máis alta que a que oín en calquera das discotecas en que estiven. Aínda encima berra! Pero que...?¿?¿?¿??¿?¿?
Vou intentar estudar...
Un saúdo dende Pachá Coruña!

sábado, 19 de febrero de 2011

Estou farta.

Vinme obrigada a borrar a miña fantástica cabeceira xa que aos xestionadores do meu blogue lles pareceu bonito cortala pola metade. En fin.
O martes teño un exame e aínda non estudei case nada. En breves irei ao salón para viciar ao meu prezado Tekken 5. Cabréome cando xogo, pero co contenta que me poño ao gañar merece a pena.
Ademais, estou soíña no piso dende xoves e teño que evadirme desta triste realidade. Claro, algún estará pensando: menuda escusa tan mala. Pero non, non o é. Vale, quizais si. É igual, o caso é que necesito diversión, adrenalina! De noite prometo estudar un pouquiño :)
Un saúdo, espero volver a vervos canto antes. (a quen? non sei, pero é o que se me ocorreu)

sábado, 22 de enero de 2011

Vós tamén vedes a foto da cabeceira do blogue cortada xusto por onde pon Gustame o c/...???
Ou só son eu? Malditos cambios!

jueves, 13 de enero de 2011

Flepante.

Onte, viña eu pola rúa cara a miña casa e un señor moi amábel ofreceume un papeliño de propaganda relixiosa. Dinlle as gracias por educación, que a min estas cousas ...
En fin, poñome a ler o texto e vexo que, entre outras cousas, hai esta declaración:

Cuando Dios elimine la maldad y el sufrimiento, la Tierra se transformará en un paraíso donde la gente podrá vivir feliz para siempre y con salud perfecta. La Biblia predice que Dios "limpiará toda lágrima de sus ojos, y la muerte no será más, ni existirá más lamento ni clamor ni dolor".
En ese nuevo mundo, incluso se devolverá la vida a muchísimas personas que han muerto para que también disfruten de esas bendiciones.

Hai máis, pero con iso xa se pode ver por onde vai o tema. Pero imos ver, quen se pode crer semexante parrafada?????? A min personalmente fíxome gracia, pero dame medo pensar que hai xente que realmente se cre todo isto. Algún día gustaríame facer un estudo de como vive esta xente que reparte os folletos estes, só por curiosidade. Claro que igual me convirto nunha deles e non me volvedes a ver nunca máis...Sei que non poderíades soportalo :)

miércoles, 5 de enero de 2011