Benvidos!

Ola, benvidos ao meu blogue. Espero que sexa do voso agrado, aínda que teño que recoñecer que non é que me esforce moito, nin escribindo nin en mostrar unha boa apariencia. Que va, é broma. Si que me esforzo e si non vos gusta ou non mo digades ou mentídeme. Veña, pasádeo ben por estes lares!

viernes, 24 de diciembre de 2010

¬¬'

Estou escribindo mentres espero a que chegue miña nai para cambiar a bombona de butano. Si, estaba na ducha e acabouse a auga quente. Cunde.

P.D. Non nos tocou o gordo, pero sí unha pedrea. Só iso serviu para que me puxesen o blogue coma antes. Jah!

martes, 14 de diciembre de 2010

EH! Que pasa aqui!

Estou vendo que cambiaron o modelo do meu blogue ao seu libre albedrío! Quen vos deu permiso? Cando me toque a lotería comprareime a miña propia liña de blogues e poñereino como a min me de a gana. Malditos bastardos!

Diretas á fama!

Hoxe, esperando na cola para comprar lotería na famosa administración de lotería de Coruña (non direi nomes para non dar publicidade), vin que había unha cámara rondando a porta de entrada. Asustada, díxenllo a Paula Canoura.
T - Paula! Que hai unha cámara! Seguro que é en direto e vainos tocar. Aaaaaaaah!
P - E eu non alisei o pelo!
T - Ala Paula, que presumida.
Pasa o tempo e vemos que aínda segue o señor entrevistando. Acercámonos máis á porta. Segue alí. O terror chega ás nosas caras. Peitéome mirándome no reflexo dunha porta. Paula roña dicindo que despois digo que é ela a presumida.
P - Tania, mira estes números que hai aquí colgados, cal pillamos? (o entrevistador acércase a nós sixilosamente mentres finximos, unha mirar os números e outra estar a falar por teléfono).
E - Aquí hai dúas rapazas que non teñen pinta de querer falar (Tócalle a Paula a espalda, ela vírase e prepárase para a pregunta). Ola, estamos en direto para a Galega, vides comprar lotería?
P - Si!
E - Un número cada unha?
P - Si.
T - Ai, eu non, eu veño por dous...
E - Ah, moi ben. E que faríades con tantos cartos?
P - É que eu non teño esperanza de que me toque...
E - Hahaha, entón para que ves?
P - Por mandatos...de mamá. Hahahaha.
E - Hahaha, pois moita sorte entón. (Dase a volta e despídese de toda a multitude que estaba a ver nese momento a galega e que quedou asombrada ante a nosa arte de declamación).
T - Jefada, xa sabía que nos ía tocar!
Señora que estaba detras nosa - Jajaja, al final os ha tocado!
T e P - Si...je je

Compramos a lotería, vainos tocar, seremos aínda máis famosas. A xente proclamaranos cando nos vexa. Dirá: Son elas! As rapazas que saíron na televisión aquel 14 de decembro! Viva! Viva!

Fin