Benvidos!

Ola, benvidos ao meu blogue. Espero que sexa do voso agrado, aínda que teño que recoñecer que non é que me esforce moito, nin escribindo nin en mostrar unha boa apariencia. Que va, é broma. Si que me esforzo e si non vos gusta ou non mo digades ou mentídeme. Veña, pasádeo ben por estes lares!

martes, 1 de marzo de 2011

Días de vagancia extrema

Creo que existe algún tipo de magnetismo que, en moitas ocasións, leva os estudantes a sentir que non teñen ganas de facer nada. De non ser así, son a persoa máis vaga que existe. Por que raios non dou feito nada de proveito? Que suplicio. De todas maneiras non son a única á que lle pasa, así que mal de moitos consolo de tontos. Como é ese dito en galego? Ten un equivalente? Non sei, pero enténdese.
En fin, o último ano de carreira quero ir de Erasmus. Se non me pillan para a universidade alemá en que se estuda galego irei a Brasil. Xa, é unha loucura, pero é que alí todo é moi divertido. Como diría a miña querida Tánxela: http://www.youtube.com/watch?v=7bkA_DumzvI Estoy envuelto en llamas, y bailo!
Hahahahaha.

1 comentario:

  1. Siiiiiiiiiiiiiii por dios! fuxamos a Brasil a bailar un ano seguido! jajajaja. Bueno acepto tamén irnos a Alemania pero coa condición de encontrar un local no que poñan samba jaja.


    O da vagancia compártoo moitisimo, por certo.
    Eu bótolle a culpa a que se está dando o cambio de estación (cousa fácil). Mais claro, tendo en conta que son unha cadela (vaga, vamos) todo o ano, podemos pensar que cando xa me acostumo a unha estación ven a seguinte polo que todo isto é un círculo vicioso do que xamais poderei sair. Pero bah!sempre quedan momentos para xogar ao Teken, de risas!

    ResponderEliminar