Benvidos!

Ola, benvidos ao meu blogue. Espero que sexa do voso agrado, aínda que teño que recoñecer que non é que me esforce moito, nin escribindo nin en mostrar unha boa apariencia. Que va, é broma. Si que me esforzo e si non vos gusta ou non mo digades ou mentídeme. Veña, pasádeo ben por estes lares!

lunes, 21 de febrero de 2011

Cabreo máximo

Sempre me considerei unha persoa que, máis ou menos, se leva ben con todo o mundo. Tampouco consideraba que fose odiada por ninguén. Nunca fixen nada que puidese molestar á xente. Ou iso pensaba ata hai uns minutos.
Polo visto o feito de falar galego converteuse nun motivo para que alguén me odie. Para que me odie moito. Estou cabreada, cabreadísima. A historia foi máis ou menos así:
X: "Y" te odia. Mucho.
Eu: A min? Por que?
X: Porque hablas gallego. Dice que hablas gallego arcaico.
Eu, entrando nunha ira profunda falei con "Y".
Eu: Que é iso de que falo galego arcaico?
Y: Gallego ultranormativo.
Eu: Galego ultranormativo? Como se nota que non sabes o que é o galego normativo, porque como o chegase a falar igual me chamas reintegracionista.
Y: Cuando entienda lo que me dices igual podemos mantener una conversación xDDDD
Eu: Non me entendes por falar galego ou porque uso termos que non entran na túa lingua cervantina?
Y: No entendí reintegracionista. (...)
Ben, deixo a conversa aquí porque non hai moito máis que contar. Non penso dar nomes, así que non mos preguntedes. Que conste que non odio os reintegracionistas nin nada polo estilo. Simplemente faime gracia que alguén diga que eu, coa cantidade de castelanismos que emprego a diario, falo galego ultranormativo. Por tanto, imaxinádevos se chego a falar correctamente, sen ningún tipo de interferencia...Quizais non se entende a ironía, pero nese caso só tedes que preguntarme, non terei problema en explicalo.
Teño ganas de romper cousas, de gritar, de chorar de rabia. Non sei, é incrible que alguén poda odiar a outra persoa simplemente polo feito de falar un idioma en concreto. Mais, que é o peor? Que estou segura de que se polo contrario o que falase ultranormativo fora o inglés, a cousa sería distinta. Probablemente sería un feito de admiración.
Todo este tema recordoume a unha entrada do meu amigo Joaquín que casualmente lin hoxe. Deberiades lela, que é moi interesante: http://pidamos-o-imposible.blogspot.com/2011/02/porque-e-unha-lingua-bruta-que-soa-mal.html
En fin, non teño máis que dicir.

7 comentarios:

  1. En primeiro lugar comentar que, por moi triste que pareza, a situación é esta. Isto dáme gañas de publicar unha entrada que levo xa tempo elaborando e que me obrigas a rematar, despois de ler isto.
    E por outra parte vexo algo de incongruencia na acepción que lles dades aos termos "ultranormativo" e "reintegracionista", mais diso falarei na nova entrada.
    Mais é triste, realmente triste...

    ResponderEliminar
  2. Arcaico: moi antigo ou anticuado. Creo que se falases un galego arcaico utilizarías aquel galego-português visto nas cantigas de Afonso X "o Sabio". Non o fas, para o meu parecer, non sei se é o teu hobbie, mais dubídoo, eu sempre entendín o teu galego burelán.
    Triste ignorancia...

    ResponderEliminar
  3. A cousa non é para menos.
    Que asco de todo,
    xa sabes como me poñen estas cousas.

    Só queda dicir: canta ignorancia
    porque o relato xa fala por si só, que queres que che diga.

    ResponderEliminar
  4. Ben, mellor explico por que decidín usar reintegracionista. Ao usalo quería dicir que, se eu uso un galego ultranormativo falando como falo, é dicir, con castelanismos, expresións doutras linguas e máis acepcións alleas ao galego, no caso de que eu falase o galego tal e como o manda a gramática galega, dende o punto de vista desa persoa xa pasaría a outro nivel. Quero dicir, xa podería chegar a pensar que paso de falar galego ultranormativo a falar un galego reintegracionista. Ben sei que non é o mesmo, e non pretendía usalo como sinónimo. Era unha ironía, xa por iso puxen que quizais o debería explicar en caso de que non se entendese. Non sei se con isto queda claro, mais é un pouco complicado de explicar dada a miña mente retorcida...

    ResponderEliminar
  5. Entendo o que dis, mais xa fóra de consideralos sinónimos, eu consideraríaos unha especie de antónimos dentro do ámbito galego: galego-português vs. galego-castelhano.

    ResponderEliminar
  6. Exacto. O que quería facer era destacar a ignorancia que intuía neses momentos. E ben, vendo a resposta que obtiven tampouco fixo falta dicir moito máis.

    ResponderEliminar
  7. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar