Benvidos!

Ola, benvidos ao meu blogue. Espero que sexa do voso agrado, aínda que teño que recoñecer que non é que me esforce moito, nin escribindo nin en mostrar unha boa apariencia. Que va, é broma. Si que me esforzo e si non vos gusta ou non mo digades ou mentídeme. Veña, pasádeo ben por estes lares!

jueves, 30 de septiembre de 2010

Hoxe un señor calvo, con gafas de sol, gorra, torso ao aire libre e pantalóns curtos acercouse a min e díxome:
Hola mi vida...Más guapa que mmm...Sara Carbonero!
Si, hai xente para todo, e sempre me teño que encontrar eu con ela. Ai de min!

lunes, 27 de septiembre de 2010

Ela, foi ela.

A isto nos dedicábamos nos nosos tempos mozos. Non me xulguedes pola miña apariencia, pensaba que me quedaba ben o pelo así e debedes aceptar o criterio que eu consideraba bon naqueles momentos. En canto ao do rostro pálido non podo facer nada, sigo tendo o mesmo.

http://www.youtube.com/watch?v=B6EUsIwBbZ4

sábado, 18 de septiembre de 2010

Algunha vez vistes isto? É unha entrevista real:
http://www.youtube.com/watch?v=07ziOsokOTU

miércoles, 8 de septiembre de 2010

La vida es, de lo bueno lo mejor, de lo mejor, lo superior.
-Ali G-

sábado, 4 de septiembre de 2010

-Mamá, non quedan pastillas para o lavalouza.
-Non pasa nada, botamos Fairy deste líquido que vale igual.
-Ok, se ti o dis...

Minutos despois:

jueves, 2 de septiembre de 2010

Magnífica organización educativa

Encántame reflexionar sobre este tema.
Resulta que hoxe me entero de que miña irmá pequena de 12 anos comezará as clases o día 17 de setembro. Eu, que xa vou para segundo ano de carreira, comezo o día 13. Isto é fantástico, perfecto, xenial!
Pero sabedes que é o mellor? Saber que hai xente que está de recuperacións actualmente e que despois terán que ir a selectividade. Que días? 15, 16 e 17. Si, xente que quere acceder á Universidade terá que facer a proba de acceso despois de que empecen as clases. Claro que si fora empezar o día 20 non pasaría nada. Pero eu recordo que despois de ter acabado selectividade tardaron varias semanas en darme as notas e despois diso aínda tiven que ir matricularme. Será fantástico ver como alumnos están a principios de outubro esperando a saber si están aceptados ou non nunha ou noutra facultade mentres que o resto de alumnos seguen avanzando e entregando traballos que repercutirán na nota.
Ai, pero que pasa cos ministros de educación? Son eu a única que se da conta de que algo non vai ben?
En fin!