Benvidos!

Ola, benvidos ao meu blogue. Espero que sexa do voso agrado, aínda que teño que recoñecer que non é que me esforce moito, nin escribindo nin en mostrar unha boa apariencia. Que va, é broma. Si que me esforzo e si non vos gusta ou non mo digades ou mentídeme. Veña, pasádeo ben por estes lares!

domingo, 29 de agosto de 2010

Volvín

En realidade volvín xa hai unha semana, pero non tiña ganas de poñerme a contar tonterías e esas cousas.
Hoxe non teño pés, espero poder recuperalos ao longo do día.
En canto ao de contar cousas da viaxe a Ibiza e todo o que fixen por España...Non sei eu si será viable despois de tanto tempo.
As moscas estanme atacando, creo que vou comprar un camaleón.