Benvidos!

Ola, benvidos ao meu blogue. Espero que sexa do voso agrado, aínda que teño que recoñecer que non é que me esforce moito, nin escribindo nin en mostrar unha boa apariencia. Que va, é broma. Si que me esforzo e si non vos gusta ou non mo digades ou mentídeme. Veña, pasádeo ben por estes lares!

lunes, 21 de marzo de 2011

Son unha boa persoa.

Hoxe é o terceiro día que fago unha boa acción neste mes. A primeira foi en Entroido; fun comprar uns lazos para o meu disfraz de sombrereiro tolo (ou cafetero misterioso para outros...hahaha) e devolvéronme 10e de máis. Ao principio funme pensando fuck yeah pero despois os remorsos eran tan grandes que volvín para devolvelos. Logo, outro día ceando na Boccata, non se deron conta de cobrarme a bebida e díxenllo. E hoxe, por último, cando fun comprar o pan, o dependente pensou que lle dera 2e en vez de 1e e devolvíame 1.3e. Non os aceptei, por suposto.
E nada, empezo a pensar que en vez de boa persoa son un pouco tonta. A que si? He, he.

domingo, 20 de marzo de 2011

Timmy

Onte recibín unha petición de entrada e eu accedín, polo que vou cumplir coa miña palabra.
Que decir desta rapaciña que vedes aquí? (a da dereita)


Vale, quizais non a recoñezades así, mellor vou poñer outra imaxe...jijiji

Guapas eh? Je je.
Pois ala, que esta muller está tola e só quería advertirvos de que si a vedes pola rúa escapedes. Sobre todo si vades conducindo un coche cheo de cochos. Aí onde a vedes, unha vez púxose a correr detrás dun camión que transportaba cochos só para sacarlle unha foto...Hahaha.

Por outra parte debo explicar por que o nome de Timmy. Ben, houbo uns meses que tan só saíamos nos periódicos con caretos e posturas peculiares, o que nos fixo pasar a chamarnos como este personaxe dunha famosa serie:


En fin, e creo que mellor vou parar porque se sigo quizais me mate polas fantabulosas imaxes que podería poñer. Je je je je. Nada, que é Timmy e o nome díceo todo. Timmy? Timmy!!!!!

Por certo, gracias pola dedicatoria da canción de onte, que ben sei que che costou o teu que o tipo che fixera caso...tanto que ao final tiveches que pillar ti o micro para proceder a decir algo así como: "Para Timmy, de Carmeeen"... haaaaaahaha...Que ben o pasei rapasiña.

Ale, sin nada máis que dicir, despídome.
Un bico ;)

jueves, 17 de marzo de 2011

Pero en que mundo vivimos???

Estou vendo as noticias, con respecto á famosa fuga de ondas radioactivas en Fukushima ou como se escriba. Os países están axudando aos cidadáns que estén alí a saír do país. É dicir, EEUU manda avións para que os estadounidenses volvan ás súas casas ao igual que Alemania e outros países. Pero iso si, os viaxes tamén os teñen que pagar, COMO NON. Pero vamos a ver? De que vamos?
Mentres tanto en España o rei dá un fantástico discurso en que se dirixe a Xapón, dicindo entre máis cousas o seguinte:
Saben que pueden contar con todo el apoyo (...) de España.
Apoio? Que apoio? O mesmo que se nos dá a nós ante a crise? Claro, a xente en Xapón sufrindo e pasándoo mal e nós aquí dando premios e trofeos a non sei que representante xaponés de non sei que cousa. De verdade é iso o que precisan? Buf, non sei, a xente está cada día peor, non podo entender que pasa.
Tamén vin como un catedrático de física da universidade de (Alcalá? non me acordo) dicía en directo que o método que están a empregar os xaponeses para evitar o desastre non servirá de nada. Que vai pasar segundo este señor? Haberá unha explosión, as ondas expandiranse por doquier, facendo que unha zona de 100km ao redor da central sexa inhabitable durante moitos séculos (100 KM DURANTE SÉCULOS). Difícil de crer, non? Ben, só hai que ter en conta que Hiroshima e Nagasaki aínda teñen zonas en cuarentena, por non dicir que o están por completo. Por último este señor dixo que as ondas chegarán aquí, non con tanta forza como por Asia, por suposto, mais estarán no aire. Eso es lo que pasa cuando la arrogancia humana hace pensar que se puede jugar contra la naturaleza.
Non son experta en química nin en física, pero realmente non sei que pensar. A min personalmente dáme medo o que poida chegar a pasar, mais que podo facer? Nada. Esperar sentada a que chegue (ou non) o que teña que chegar.
En fin, vou seguir comendo que se me enfría a comida.

martes, 15 de marzo de 2011

A Coruña, de novo.

Non sei que pasa nesta cidade. Ao mellor os aires de Riazor, quizais o recordo de Breogán ou pode que o espírito de Xerión en busca de vinganza estén facendo que a xente por aquí se volva tola.
Señores que practican Tai Chi en parques públicos, conversas irracionais en autobuses universitarios, veciños que cantan a grito pelado cancións de todo tipo...e agora entérome da existencia de bandas latinas que pegan palizas se non estás disposto a darlles os teus aforros. O que me faltaba.
Oh, Hércules, vén de novo na túa barca e limpa toda esta morralla! (Os veciños e a xente que practica Tai Chi non, que eses fanme gracia).

lunes, 14 de marzo de 2011

Conversas en A Coruña.

Hoxe no bus oín algo así como:
- Si si, y le digo...ah, entonces tu eres nacionalista, no? y me dice...No, soy gallego! (os dous que ían falando riron).
Pero que puta merda é esta? Odio á xente así. Ríndose como si ser galego fose inevitablemente o mesmo que ser nacionalista...ARGJHAHJ!!

Aires da miña terra

Nunca pensei que me gustaría un libro de poesía, mais cando comecei a ler esta fantástica obra de Curros sorprendeume o moito que me estaba gustando. Recoméndovos a todos aqueles que vos guste ler, e inclusive aos que non, que lle botedes unha ollada. Confiade en min!

jueves, 10 de marzo de 2011

domingo, 6 de marzo de 2011

Primeiro día de entroido

Meu Deus, vaia loucura. Moita festa. Paseino xenial, fantástico! Aínda que agora estou morta, nunca chegara tan tarde á casa. De todas maneiras mañá será mellor cos nosos disfraces épicos :D Polo de agora aquí vos deixo o noso retrato da noite. Guapas, a que si? Je je.


martes, 1 de marzo de 2011

Días de vagancia extrema

Creo que existe algún tipo de magnetismo que, en moitas ocasións, leva os estudantes a sentir que non teñen ganas de facer nada. De non ser así, son a persoa máis vaga que existe. Por que raios non dou feito nada de proveito? Que suplicio. De todas maneiras non son a única á que lle pasa, así que mal de moitos consolo de tontos. Como é ese dito en galego? Ten un equivalente? Non sei, pero enténdese.
En fin, o último ano de carreira quero ir de Erasmus. Se non me pillan para a universidade alemá en que se estuda galego irei a Brasil. Xa, é unha loucura, pero é que alí todo é moi divertido. Como diría a miña querida Tánxela: http://www.youtube.com/watch?v=7bkA_DumzvI Estoy envuelto en llamas, y bailo!
Hahahahaha.