Benvidos!

Ola, benvidos ao meu blogue. Espero que sexa do voso agrado, aínda que teño que recoñecer que non é que me esforce moito, nin escribindo nin en mostrar unha boa apariencia. Que va, é broma. Si que me esforzo e si non vos gusta ou non mo digades ou mentídeme. Veña, pasádeo ben por estes lares!

miércoles, 30 de junio de 2010

Cojo un muelle, lo tiro por el retrete, y ya va 1 muelle que el retrete se ha tragado.
Cojo otro muelle, lo tiro por el retrete, y ya son 2 muelles los que el retrete se ha tragado.
Cojo otro muelle, lo tiro por el retrete, y ya son 3 muelles los que el retrete se ha tragado.
Cojo otro muelle, lo tiro por el retrete, y ya son 4 muelles los que el retrete se ha tragado.
Cojo otro muelle, lo tiro por el retrete, y ya son 5 muelles los que el retrete se ha tragado.
Cojo otro muelle, lo tiro por el retrete, y ya son 6 muelles los que el retrete se ha tragado.
Cojo otro muelle, lo tiro por el retrete, y ya son 7 muelles los que el retrete se ha tragado.


Abúrrome e quero chocolate.
CHEIRADA.
Todo cheira.
Moito.

domingo, 27 de junio de 2010

Xente temeraria ao volante

Levo pouco máis dun ano con carnet de conducir. Ata hai uns días non pitei nunca a ninguén. Ben, explicarei os motivos. Resulta que un señor moi majo debeu pensar que cando un semáforo está en vermello significa que está permitido pasar, cruzándose no meu camiño. Ante os meus bocinazos non se lle ocorre outra cousa que encollerse de ombros. fsakgjnldsak!!! Seguín cabreada todo o camiño, pensando en que era unha pena non ter uns deses pratos que aparecen rotos diante da miña casa para tirarllos á súa cara de indiferencia.
Ao día seguinte ía con miña irmá por unha das calles estreitas de Burela, polas cales non collen dous coches á par. Pois á señorita que ía diante non se lle ocorre outra cousa que parar no medio para falar cunha señora que ía pola beirarrúa. Cabreeime, pitei mil veces, e ela miraba polo retrovisor como preguntando: que pasa? MECAGONDIO.
O máis mellor era que estaban os policías municipais alí observando e, supoño que ao ver as miñas miradas de odio xunto co son do meu claxon, un deles foi acercándose ao coche da susodita estúpida que tiña diante. Pois a moi lista, cando veu que se lle acercaba arrancou. O policía mandoulle parar alí ao lado e ao pasar polo seu lado mireina con xesto triunfal, podendo ver que lle estaba poñendo olliños ao policía como si non fixese nada. EN FIN.
Vamos a ver, que eu non son unha perfecta conductora, pero polo menos non vou facendo o idiota a propósito ¬¬'''''''''''''''

viernes, 25 de junio de 2010

Non odiades esa xente que cre que poñendo morritos nas fotos sae máis guapa?
Eu si.

martes, 22 de junio de 2010

Os nenos de agora son crueis.

Conversación que escoitei hoxe pola tarde a unhas nenas pequenas:
- Tu eres unha falsa eh!
- Tu si que eres falsa,que dis que eres guapa e eres máis fea ca un cocho.

lunes, 21 de junio de 2010

Diario de viaxe

Como vin que Ánxela, tamén coñecida como cheirona, falou de Oporto no seu blog, non vou ser eu menos.

Nunca tan ben se organizou unha viaxe. Se non fora por que a Manu lle deu por apuntar a dirección do albergue estaríamos unha tarde enteira preguntando por el. Con sorte igual o encontrábamos (que non atopar, lembrade queridos filológos que ese verbo só se emprega cando encontras algo sen buscalo). Ben, pois logo de andar un cacho chegamos ao fantástico albergue "Black & White":
















Logo de instalarnos e de encariñarnos coas paredes do albergue decidimos saír para visitar as cercanías. Chegamos a un monumento que honra a victoria de Portugal sobre Francia, consistente nunha columna sobre a que hai un león atrapando unha águia. Na base estaban representados os soldados e a xentiña da época. Nós decidimos unirnos a eles, cual heroes lexendarios.


O día rematou cunha agradable cena no B&W, consistente nunha gran ración de macarróns elaborada por Lucía e Guillermo.













Vindeiro día.

Vamos en metro ao centro, provocando a risa entre a xente que vai dentro ao ver que un montón de rapaces e rapazas van correndo cara as portas que se van pechando; algúns chegan, pero vense obrigados a saír ao ver que aos outros non lles dá tempo, o cal aínda parece ser máis gracioso para os habituais do metropolitano luso.

Visitamos a estación e a feira do libro, onde nos pasamos unhas cantas horas e eu, cansada de tantos quioscos de libros e demais, comín unha magdalena por que tiña moita fame.

Para comer fomos a un sitio que en principio tiña boa pinta. Segundo entramos e preguntamos se hai sitio dinnos que nos teñen que poñer noutro lado si queremos estar todos xuntos. Accedemos amablemente e lévannos ao baixo, que era algo parecido a unha discoteca. Tardaron unha hora e media en levarnos a comida e aínda encima sabía mal, pero polo menos saímos dalí con esta imaxe:

Logo fomos ver o río, as terrazas e tendas que había por alí (onde Ánxela e eu nos batimos en duelo con espadas), cruzamos unha ponte que só puiden cruzar agarrada ao brazo da xa mencionada Ánxela e vimos moitos monumentos, todos eles moi ben sinalizados.



Este mesmo día saímos pola noite, vendo frustradas as nosas espectativas xa que non había ninguén ou os sitios tiñan música e ambiente raro. Ao final encontramos un sitio no que non se estaba mal, aínda que estaba baleiro.

Seguinte día.

Fomos a unha bodega chamada Ferreira, onde un señor moi amable nos guiou explicándonos en inglés como funcionaba todo. Tan amable era que cando Manu me susurraba cousas tipo se ama ou se quiere muchísimo provocando que eu sorrira, el miraba para nós e, lonxe de botarnos fóra, ríase con nós :D
Unha visita realmente graciosa, pero que explicada con palabras non resulta tan extraordinaria. E agora preguntarédesme como funcionan alí as bodegas. Ben, pois direivos que non teño nin idea, pero que se pasa moi ben nas visitas guiadas e que podedes beber ao final unha mostra de viño. Se tedes sorte incluso podedes beber varias copas si os visitantes previos deixaron as súas copas alí. Je je.

Logo fomos en autobús ao centro para ver a biblioteca Lello e irmão, que polo que nos dixeron é na que se basearon os produtores de Harry Potter para crear a biblioteca de Hogwarts. Aquí vos deixo outra instantánea para que o comprobedes vós mesmos:


Por último fomos cear a unha churrasquería na que non había churrasco de costelas, pero sabía moi ben de todas formas aquilo que nos deron. Ademais, eu conseguín que dúas veces consecutivas se me caera un cacho de carne encima. Supostamente iso da sorte, non? (que va, acabo de inventalo)

P.D: Non sei en que momento deste día nos encontrábamos subindo por unha calle e unha gaivota decidiu bañar a algúns de nós cos seus pouco limpadizos excrementos. Non direi nomes, só direi que eu me rin moitísimo e que provoquei a risa de Cristian, a cal me fixo rir aínda máis. Logo tivemos un incidente cun señor mostachudo chamado Quim da Hora. Non entendo que pretenden os empresarios, si se lle pode chamar así, poñendo como anuncio publicitario nunha furgoneta a foto da súa cara. Por que!?

Penúltimo día.

Deste pouco podo contar. Saín pola mañá con dor de todo, paramos nunha librería mirar libros, subimos á torre dos clérigos, mareeime, baixei con María, compramos un botellín de auga, púxenme mellor, fomos a non sei donde, fomos comer, puxenme peor e funme para o albergue acompañada por Lucía e Guillermo. Alí estiven toda a tarde durmindo, mentres que os demais foron visitar o palacio de cristal (creo que se chamaba así) e non sei que máis fixeron por que non mo contaron a verdade. Despois chegaron, ceamos, saíron por aí e como non puideron entrar na discoteca que nos recomendara a señora do albergue volveron ao mesmo sitio do outro día. Cando volveron eu aínda estaba desperta debido a que estiven toda a noite rodeada de mosquitos que non me deixaban durmir.
Derradeiro día.

Nada, madrugamos para pillar o autobús e volver para La Coru. Chegamos como estaba previsto, despedímonos e listo.


Isto é un resumo moi resumido, pero para poñer todo ao pé da letra necesitaría empregar dous blogs. Jujuju.

Azul Verde Azul Violeta Laranxa Violeta Vermello Azul Verde Azul Violeta Laranxa Violeta Vermello Azul Verde Azul Violeta Laranxa Violeta Vermello Azul Verde Azul Violeta Laranxa Violeta Vermello Azul Verde Azul Violeta Laranxa Violeta Vermello Azul Verde Azul Violeta Laranxa Violeta Vermello Azul Verde Azul Violeta Laranxa Violeta Vermello Azul Verde

La Sexta é un puto comecocos, e non só polas bombillas de cores...jujuju

sábado, 19 de junio de 2010

Só podía pasar nos Castros


Acabo de saír da casa atemorizada ante un ruído que soou como se rompesen un cristal. O primeiro que pensei foi que un coche lle rompera a outro un faro ou calquera cousa desas. Pero non, había un plato esnaquizado no medio da rúa. Un plato que casualmente é da nosa casa. Seguro que foi un lémur salvaxe que vive escondido na lacena de miña avoa e que, enfurecido ao ver que o deixamos sen espazo con tanta louza, decidiu lanzala ao seu libre albedrío.
Que cousas!
Suposto cómplice do delito

Conversacións extrañas

Moitas veces párome a pensar si dentro duns anos serei igual que as señoras de hoxe en día.
Hoxe, sen ir máis lonxe, ao pasar polo lado dunha díxome: cada día hai máis esquelas. Eu, que tiña présa, contestei cun aceno de "je je" e subindo os ombros. Ela seguiu: somos moitos, algún se ten que ir... Eu: xa, bueno...veña chao.
Sigo o meu camiño reflexionando sobre o absurdo de intentar entablar conversación con alguén que non coñeces e que ves que vai casi correndo falando de esquelas. Logo, chego xunto de Paula, que casualmente tamén está falando cunha señora. Espero medio apartada a que acaben a súa conversa e ao final a señora, moi amable ela, tamén se dirixiu a min dicindo algo así: (...)por que a nós poñíannos de rodillas con sal no chan! E agora os nenos ata se volven ao profesor. Claro, despois aínda van os pais falar con el. Dende logo...
Claro que no momento eu non dixen nada por que pensei que sería unha coñecida de Paula. Pero cal é a miña sorpresa cando me di: non a coñezo de nada.
Agora estou imaxinando que conversación darei eu de maior. Quizais lles diga aos rapaces e rapazas que as señoras de antes non son como as de agora e que deberían estar agradecidos/as. Ou pode que me dedique a asubiar aos cachondos que pasen polo lado da residencia e lles ofreza caramelos enarcando as cellas e sorrindo.
Bah, supoño que co tempo se verá...

Novas novas.

Resulta que miña irmá, de 12 anos, foi de excursión de fin de curso a Madrid cos seus compañeiros. Unha das actividades de hoxe era viaxar no metro, mais non puideron facelo. A súa visita veuse frustrada cando un, dous ou non sei cantos gardas civís reteron o autobús e procederon a facer o seu traballo.
Primeiro multaron ao señor conductor, pero non por facer caso aos cativos cando lle berraban acelera, acelera para ser conductor de primera, senón por conducir máis tempo seguido do que está permitido.
Ata aquí todo máis ou menos ben. O mellor foi cando, ante a sorpresa dos raparigos, os susoditos axentes ordearon vaciar o maleteiro para poder inspeccionar unha a unha as súas maletas.
Si, maletas de nenos de 12 anos sendo inspeccionadas por axentes da orde, non vaia ser que os galegos usemos ás futuras xeracións para poder trasladar os pementos pola Iberia.
En fin...

viernes, 18 de junio de 2010

Fantástico!


Onte comprei unhas converse baixas violetas. Perfectas. *-*

Aínda non teño claro de que vai ser isto. Realmente é complicado decantarte por un tema entre tantos. Podería falar de min, cousa que sei que interesa moito á xente pero que non estou disposta a facer (teño uns principios), podería dar opinión (e pedila) sobre a carreira en que estou, para quen non o saiba, un grao en inglés: estudos lingüísticos e literarios... tamén podería pechar o blog e abrilo cando por fin me decida a escribir sobre algo en concreto, pero sería perder o tempo. O que teño moi claro é que non vou ser desa clase de persoa que escribe textos subrealistas.

Gustaríame escribir un blog didáctico, pero realmente carezo de coñecementos concretos por agora. Digo concretos por que non son especialista en ningunha materia. Quizais dentro duns anos poida facer traducións de textos para que as futuras xeracións teñan de onde sacar información que tan só está en inglés. Ou pode que ao final me decida por facer lingüística aplicada e escriba sobre linguaxes web e todas esas cousas (si, aínda que pareza raro, gústanme todas esas paridas informáticas).

E nada. Que estou fóra disfrutando das nubes dos últimos días de primavera, escoitando como ronca Isis e vendo como observa o ambiente. Vaite ti a saber que cousas está vendo que eu non podo percibir.

Acábaseme de ocorrer unha idea. Podo facer unha especie de blog híbrido, escribindo o que me pareza cada día. Si, penso que iso é o correcto.

Días fantásticos. Vacacións, descanso...tan só faltan uns días para que nos vaiamos a Ibiza. Wii...


Por hoxe creo que está ben, non?


Un saúdo.

jueves, 17 de junio de 2010

Primeiro día

Aínda non sei de que vou escribir.
Só sei que agora mesmo me teño que duchar e despois partir rumbo a Lugo para unhas compriñas. E non, non son adicta a elas.
Así que, sen máis, remato esta miña primeira entrada.
Un saúdo.