Benvidos!

Ola, benvidos ao meu blogue. Espero que sexa do voso agrado, aínda que teño que recoñecer que non é que me esforce moito, nin escribindo nin en mostrar unha boa apariencia. Que va, é broma. Si que me esforzo e si non vos gusta ou non mo digades ou mentídeme. Veña, pasádeo ben por estes lares!

domingo, 27 de junio de 2010

Xente temeraria ao volante

Levo pouco máis dun ano con carnet de conducir. Ata hai uns días non pitei nunca a ninguén. Ben, explicarei os motivos. Resulta que un señor moi majo debeu pensar que cando un semáforo está en vermello significa que está permitido pasar, cruzándose no meu camiño. Ante os meus bocinazos non se lle ocorre outra cousa que encollerse de ombros. fsakgjnldsak!!! Seguín cabreada todo o camiño, pensando en que era unha pena non ter uns deses pratos que aparecen rotos diante da miña casa para tirarllos á súa cara de indiferencia.
Ao día seguinte ía con miña irmá por unha das calles estreitas de Burela, polas cales non collen dous coches á par. Pois á señorita que ía diante non se lle ocorre outra cousa que parar no medio para falar cunha señora que ía pola beirarrúa. Cabreeime, pitei mil veces, e ela miraba polo retrovisor como preguntando: que pasa? MECAGONDIO.
O máis mellor era que estaban os policías municipais alí observando e, supoño que ao ver as miñas miradas de odio xunto co son do meu claxon, un deles foi acercándose ao coche da susodita estúpida que tiña diante. Pois a moi lista, cando veu que se lle acercaba arrancou. O policía mandoulle parar alí ao lado e ao pasar polo seu lado mireina con xesto triunfal, podendo ver que lle estaba poñendo olliños ao policía como si non fixese nada. EN FIN.
Vamos a ver, que eu non son unha perfecta conductora, pero polo menos non vou facendo o idiota a propósito ¬¬'''''''''''''''

1 comentario:

  1. Iso, hai q facer campaña en contra dos listillos eses. Sen dúbida o mundo estaría mellor sin eles... jejeje

    ResponderEliminar