Benvidos!

Ola, benvidos ao meu blogue. Espero que sexa do voso agrado, aínda que teño que recoñecer que non é que me esforce moito, nin escribindo nin en mostrar unha boa apariencia. Que va, é broma. Si que me esforzo e si non vos gusta ou non mo digades ou mentídeme. Veña, pasádeo ben por estes lares!

sábado, 19 de junio de 2010

Só podía pasar nos Castros


Acabo de saír da casa atemorizada ante un ruído que soou como se rompesen un cristal. O primeiro que pensei foi que un coche lle rompera a outro un faro ou calquera cousa desas. Pero non, había un plato esnaquizado no medio da rúa. Un plato que casualmente é da nosa casa. Seguro que foi un lémur salvaxe que vive escondido na lacena de miña avoa e que, enfurecido ao ver que o deixamos sen espazo con tanta louza, decidiu lanzala ao seu libre albedrío.
Que cousas!
Suposto cómplice do delito

1 comentario:

  1. Eu denunciábao... vaia polizón máis exótico te gastas... jajajaja

    ResponderEliminar