Benvidos!

Ola, benvidos ao meu blogue. Espero que sexa do voso agrado, aínda que teño que recoñecer que non é que me esforce moito, nin escribindo nin en mostrar unha boa apariencia. Que va, é broma. Si que me esforzo e si non vos gusta ou non mo digades ou mentídeme. Veña, pasádeo ben por estes lares!

sábado, 19 de junio de 2010

Conversacións extrañas

Moitas veces párome a pensar si dentro duns anos serei igual que as señoras de hoxe en día.
Hoxe, sen ir máis lonxe, ao pasar polo lado dunha díxome: cada día hai máis esquelas. Eu, que tiña présa, contestei cun aceno de "je je" e subindo os ombros. Ela seguiu: somos moitos, algún se ten que ir... Eu: xa, bueno...veña chao.
Sigo o meu camiño reflexionando sobre o absurdo de intentar entablar conversación con alguén que non coñeces e que ves que vai casi correndo falando de esquelas. Logo, chego xunto de Paula, que casualmente tamén está falando cunha señora. Espero medio apartada a que acaben a súa conversa e ao final a señora, moi amable ela, tamén se dirixiu a min dicindo algo así: (...)por que a nós poñíannos de rodillas con sal no chan! E agora os nenos ata se volven ao profesor. Claro, despois aínda van os pais falar con el. Dende logo...
Claro que no momento eu non dixen nada por que pensei que sería unha coñecida de Paula. Pero cal é a miña sorpresa cando me di: non a coñezo de nada.
Agora estou imaxinando que conversación darei eu de maior. Quizais lles diga aos rapaces e rapazas que as señoras de antes non son como as de agora e que deberían estar agradecidos/as. Ou pode que me dedique a asubiar aos cachondos que pasen polo lado da residencia e lles ofreza caramelos enarcando as cellas e sorrindo.
Bah, supoño que co tempo se verá...

No hay comentarios:

Publicar un comentario