Benvidos!

Ola, benvidos ao meu blogue. Espero que sexa do voso agrado, aínda que teño que recoñecer que non é que me esforce moito, nin escribindo nin en mostrar unha boa apariencia. Que va, é broma. Si que me esforzo e si non vos gusta ou non mo digades ou mentídeme. Veña, pasádeo ben por estes lares!

viernes, 18 de junio de 2010

Fantástico!


Onte comprei unhas converse baixas violetas. Perfectas. *-*

Aínda non teño claro de que vai ser isto. Realmente é complicado decantarte por un tema entre tantos. Podería falar de min, cousa que sei que interesa moito á xente pero que non estou disposta a facer (teño uns principios), podería dar opinión (e pedila) sobre a carreira en que estou, para quen non o saiba, un grao en inglés: estudos lingüísticos e literarios... tamén podería pechar o blog e abrilo cando por fin me decida a escribir sobre algo en concreto, pero sería perder o tempo. O que teño moi claro é que non vou ser desa clase de persoa que escribe textos subrealistas.

Gustaríame escribir un blog didáctico, pero realmente carezo de coñecementos concretos por agora. Digo concretos por que non son especialista en ningunha materia. Quizais dentro duns anos poida facer traducións de textos para que as futuras xeracións teñan de onde sacar información que tan só está en inglés. Ou pode que ao final me decida por facer lingüística aplicada e escriba sobre linguaxes web e todas esas cousas (si, aínda que pareza raro, gústanme todas esas paridas informáticas).

E nada. Que estou fóra disfrutando das nubes dos últimos días de primavera, escoitando como ronca Isis e vendo como observa o ambiente. Vaite ti a saber que cousas está vendo que eu non podo percibir.

Acábaseme de ocorrer unha idea. Podo facer unha especie de blog híbrido, escribindo o que me pareza cada día. Si, penso que iso é o correcto.

Días fantásticos. Vacacións, descanso...tan só faltan uns días para que nos vaiamos a Ibiza. Wii...


Por hoxe creo que está ben, non?


Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario