
Logo de instalarnos e de encariñarnos coas paredes do albergue decidimos saír para visitar as cercanías. Chegamos a un monumento que honra a victoria de Portugal sobre Francia, consistente nunha columna sobre a que hai un león atrapando unha águia. Na base estaban representados os soldados e a xentiña da época. Nós decidimos unirnos a eles, cual heroes lexendarios.

Vindeiro día.
Vamos en metro ao centro, provocando a risa entre a xente que vai dentro ao ver que un montón de rapaces e rapazas van correndo cara as portas que se van pechando; algúns chegan, pero vense obrigados a saír ao ver que aos outros non lles dá tempo, o cal aínda parece ser máis gracioso para os habituais do metropolitano luso.
Visitamos a estación e a feira do libro, onde nos pasamos unhas cantas horas e eu, cansada de tantos quioscos de libros e demais, comín unha magdalena por que tiña moita fame.
Para comer fomos a un sitio que en principio tiña boa pinta. Segundo entramos e preguntamos se hai sitio dinnos que nos teñen que poñer noutro lado si queremos estar todos xuntos. Accedemos amablemente e lévannos ao baixo, que era algo parecido a unha discoteca. Tardaron unha hora e media en levarnos a comida e aínda encima sabía mal, pero polo menos saímos dalí con esta imaxe:


Este mesmo día saímos pola noite, vendo frustradas as nosas espectativas xa que non había ninguén ou os sitios tiñan música e ambiente raro. Ao final encontramos un sitio no que non se estaba mal, aínda que estaba baleiro.
Fomos a unha bodega chamada Ferreira, onde un señor moi amable nos guiou explicándonos en inglés como funcionaba todo. Tan amable era que cando Manu me susurraba cousas tipo se ama ou se quiere muchísimo provocando que eu sorrira, el miraba para nós e, lonxe de botarnos fóra, ríase con nós :D
Logo fomos en autobús ao centro para ver a biblioteca Lello e irmão, que polo que nos dixeron é na que se basearon os produtores de Harry Potter para crear a biblioteca de Hogwarts. Aquí vos deixo outra instantánea para que o comprobedes vós mesmos:
Por último fomos cear a unha churrasquería na que non había churrasco de costelas, pero sabía moi ben de todas formas aquilo que nos deron. Ademais, eu conseguín que dúas veces consecutivas se me caera un cacho de carne encima. Supostamente iso da sorte, non? (que va, acabo de inventalo)
Deste pouco podo contar. Saín pola mañá con dor de todo, paramos nunha librería mirar libros, subimos á torre dos clérigos, mareeime, baixei con María, compramos un botellín de auga, púxenme mellor, fomos a non sei donde, fomos comer, puxenme peor e funme para o albergue acompañada por Lucía e Guillermo. Alí estiven toda a tarde durmindo, mentres que os demais foron visitar o palacio de cristal (creo que se chamaba así) e non sei que máis fixeron por que non mo contaron a verdade. Despois chegaron, ceamos, saíron por aí e como non puideron entrar na discoteca que nos recomendara a señora do albergue volveron ao mesmo sitio do outro día. Cando volveron eu aínda estaba desperta debido a que estiven toda a noite rodeada de mosquitos que non me deixaban durmir.

Nada, madrugamos para pillar o autobús e volver para La Coru. Chegamos como estaba previsto, despedímonos e listo.

Isto é un resumo moi resumido, pero para poñer todo ao pé da letra necesitaría empregar dous blogs. Jujuju.
No hay comentarios:
Publicar un comentario