Benvidos!

Ola, benvidos ao meu blogue. Espero que sexa do voso agrado, aínda que teño que recoñecer que non é que me esforce moito, nin escribindo nin en mostrar unha boa apariencia. Que va, é broma. Si que me esforzo e si non vos gusta ou non mo digades ou mentídeme. Veña, pasádeo ben por estes lares!

sábado, 19 de junio de 2010

Novas novas.

Resulta que miña irmá, de 12 anos, foi de excursión de fin de curso a Madrid cos seus compañeiros. Unha das actividades de hoxe era viaxar no metro, mais non puideron facelo. A súa visita veuse frustrada cando un, dous ou non sei cantos gardas civís reteron o autobús e procederon a facer o seu traballo.
Primeiro multaron ao señor conductor, pero non por facer caso aos cativos cando lle berraban acelera, acelera para ser conductor de primera, senón por conducir máis tempo seguido do que está permitido.
Ata aquí todo máis ou menos ben. O mellor foi cando, ante a sorpresa dos raparigos, os susoditos axentes ordearon vaciar o maleteiro para poder inspeccionar unha a unha as súas maletas.
Si, maletas de nenos de 12 anos sendo inspeccionadas por axentes da orde, non vaia ser que os galegos usemos ás futuras xeracións para poder trasladar os pementos pola Iberia.
En fin...

No hay comentarios:

Publicar un comentario