Benvidos!

Ola, benvidos ao meu blogue. Espero que sexa do voso agrado, aínda que teño que recoñecer que non é que me esforce moito, nin escribindo nin en mostrar unha boa apariencia. Que va, é broma. Si que me esforzo e si non vos gusta ou non mo digades ou mentídeme. Veña, pasádeo ben por estes lares!

lunes, 25 de octubre de 2010

Unha historia.

Hoxe chamáronme a atención por dicir na miña anterior entrada que ultimamente non me pasa nada divertido. Esa persoa, chamada Ánxela, ten razón, e por iso contarei unha das nosas aventuras. A continuación, a nosa fantástica historia do Opencor.
Decidimos ir comprar vasos de plástico a ese comercio. Entramos entoando o noso himno (sempre a mesma melodía pero cada día con diferente letra). Neste caso era: "O-pen-cor! O-pen-cor!", mentres movíamos os brazos para arriba e para abaixo.
Chegamos ao sitio dos vasos (cruzándonos cun dependiente do establecemento que se quedou cerca nosa mirando non sei que) e poñémonos a comentar cales serían de mellor calidade.
Ánxela: Estes?
Eu: No, que estes son moi podres...
Á: Entón estes...
E: Eses non son os que rompen?
Á: Que va, estes son bos.
E: A ver...(dobloos todo canto podo) Ah, pois non, non rompen.
Á: Os que rompen son estes, ves?
E: Ah, déixame comprobalo. (Volvo a doblar os vasos)
CLAS!
(Son que se oe en todo o Opencor)
Á + E: O_O! ... pfffffff...JAJAJAJAJAJA (saímos correndo despois de meter os vasos rotos onde estaban antes da catástrofe).
Cruzámonos co dependente que se queda mirando como pasamos medio correndo e ríndonos. Chegamos á caixa con lágrimas nos ollos:
Dependenta: Le atiendo por este lado.
Ánxela: QUEE?!!? (Entre unha carcajada)
D: Que por este lado...
Á: Ah, vale vale...
D: x.xx€
Eu: Tes un euro?
Á: Teño doooooooooooooous...(Ambas poñémonos a rir)
D: Gracias
Á+E: jaaaajajajaja

FIN

1 comentario:

  1. JAJAJAJAJAJAAJJAAJAJ
    creo que nunca poderei esoitar ou pensar nesta historia sen morrer de risa jajajaa.
    foi xenial

    quero repetir!
    quero repetir!

    O-pen-cor!O-pen-cor!

    ResponderEliminar