Benvidos!

Ola, benvidos ao meu blogue. Espero que sexa do voso agrado, aínda que teño que recoñecer que non é que me esforce moito, nin escribindo nin en mostrar unha boa apariencia. Que va, é broma. Si que me esforzo e si non vos gusta ou non mo digades ou mentídeme. Veña, pasádeo ben por estes lares!

sábado, 23 de octubre de 2010

Novas novas

Estaba eu falando polo Tuenti chat cando me surxiu unha dúbida lingüística. Así que dixen, vou mirar no dicionario de galego de Internet (http://www.digalego.com), o cal levo usando dende hai tempo.
Cal é a miña sorpresa cando vexo que ao buscar a palabra aparece un cadro que me pide que me debo rexistrar. Non me preocupa, o dicionario úsoo moito (por que son filóloga..jeje) e dame igual estar rexistrada nesa páxina. Total, que ao iniciar sesión e todo iso vexo que, debaixo do meu nome de usuaria, aparece: "licencia ata 30-10-2010, adquirir máis licencia."
É dicir, que agora hai que pagar por usar o dicionario. Pois é o que me faltaba. Queren facer á xente analfabeta. Que será o próximo? Poñer os buscadores, como por exemplo Google, de pago?
Paréceme moi ben que intenten recaudar cartos, pero...na miña humilde opinión, non creo que a maioría das persoas que usaban esa páxina paguen por facelo. Non si?
...
Deixando ese tema a parte, ultimamente non me pasa nada divertido. O último que me pasou foi que, xusto cando acabei de preparar unha pizza para meter no forno, a Iván caéuselle un bote de azucre donde a tiña posta. Só tiven que cortar un cachiño, pero foi divertido. É unha pena que non teña foto.
Ola.

No hay comentarios:

Publicar un comentario