Benvidos!

Ola, benvidos ao meu blogue. Espero que sexa do voso agrado, aínda que teño que recoñecer que non é que me esforce moito, nin escribindo nin en mostrar unha boa apariencia. Que va, é broma. Si que me esforzo e si non vos gusta ou non mo digades ou mentídeme. Veña, pasádeo ben por estes lares!

martes, 6 de julio de 2010

Turistas alemáns que priman

Hoxe cando iba pola calle facer unhas comprichuelas (palabra que me pegou Diego Calanchas), un rapaz alemán duns vinte poucos anos paroume pola rúa para preguntarme si me podía invitar a un xeado e despois díxome que era "simpática y bella". Aínda que lle dixen que tiña moita présa, el, moi amable, acompañoume un cachiño do camiño mentres mantivemos unha agradable conversación acerca de estudos, viaxes e nacionalidades.
APRENDEDE! ¬¬'

1 comentario:

  1. Que sepas que despois de ler a entrada e rirme volvín facelo cando reparei no título. Aínda que iso xa foi hai un par de horas.
    Pero agora fíxeno de novo porque se me viu á cabeza a imaxe de Cristian ríndose.

    ResponderEliminar