Benvidos!

Ola, benvidos ao meu blogue. Espero que sexa do voso agrado, aínda que teño que recoñecer que non é que me esforce moito, nin escribindo nin en mostrar unha boa apariencia. Que va, é broma. Si que me esforzo e si non vos gusta ou non mo digades ou mentídeme. Veña, pasádeo ben por estes lares!

martes, 6 de julio de 2010

A rapa das bestas

Vale, tan só hai uns días que me enterei de como funciona a rapa das bestas.

No meu mundo de fantasía consistía nunha feira na que os donos e donas de cabalos e eguas levaban ao seu prezado équido a unha exhibición onde lle cortaban a crina en amor e compañía.
Pero cal é a miña sorpresa cando vexo unha reportaxe que mostra que non existe tal armonía.

Supoño que debín ser a última persoa galega en enterarse de que realmente consiste en meter a 65340876 cabalos e cabalas salvaxes nunha especie de circo romano de poucos metros de diámetro, conseguindo que case non podan nin moverse sen ter que pisar os cascos veciños. Ata aí todo sería correcto se con ver iso a xente fose feliz e despois os deixasen volver en paz para o monte. Pero non. Aquí é cando o animal intelixente entra en acción. Introdúcese no medio dos mamíferos protagonistas da feira e, sen máis, abalánzase sobre eles cual alumno nun exame final de historia intentando apoderarse dunha mesa ao fondo da clase. E cando por fin consegue ter baixo o poder do seu xugo ao cabalo, procede a cortarlle a xa mencionada crina (a do rabo tamén, para que as moscas podan voar ao seu aire por aí. Xa sabedes onde).

Puiden chegar a comparar este proceso coa tauromaquia. "Pero si non matan ao cabalo!" me din. Vale, non o matan. A verdade é que non sei si preferiría que me matasen ou que me metesen con cen mil persoas que ocupasen o meu espazo vital esperando a que tres cabalos enfurecidos se avalanzasen sobre min para cortarme a miña pouco fermosa cabeleira.

Non me interpretedes mal, non estou dicindo que a tauromaquia sexa mellor cá rapa das bestas nin moito menos. Simplemente é unha reflexión.

O mellor de todo isto é que ambas cousas son de interese internacional. Fantástico. Somos coñecidos internacionalmente polo mellor de cada casa.

. . .


2 comentarios:

  1. A min non me quedou claro cal é ese sitio onde voan as moscas libremente. Se che levo un cabalo, sinalaríasmo?

    ResponderEliminar