Benvidos!

Ola, benvidos ao meu blogue. Espero que sexa do voso agrado, aínda que teño que recoñecer que non é que me esforce moito, nin escribindo nin en mostrar unha boa apariencia. Que va, é broma. Si que me esforzo e si non vos gusta ou non mo digades ou mentídeme. Veña, pasádeo ben por estes lares!

jueves, 2 de septiembre de 2010

Magnífica organización educativa

Encántame reflexionar sobre este tema.
Resulta que hoxe me entero de que miña irmá pequena de 12 anos comezará as clases o día 17 de setembro. Eu, que xa vou para segundo ano de carreira, comezo o día 13. Isto é fantástico, perfecto, xenial!
Pero sabedes que é o mellor? Saber que hai xente que está de recuperacións actualmente e que despois terán que ir a selectividade. Que días? 15, 16 e 17. Si, xente que quere acceder á Universidade terá que facer a proba de acceso despois de que empecen as clases. Claro que si fora empezar o día 20 non pasaría nada. Pero eu recordo que despois de ter acabado selectividade tardaron varias semanas en darme as notas e despois diso aínda tiven que ir matricularme. Será fantástico ver como alumnos están a principios de outubro esperando a saber si están aceptados ou non nunha ou noutra facultade mentres que o resto de alumnos seguen avanzando e entregando traballos que repercutirán na nota.
Ai, pero que pasa cos ministros de educación? Son eu a única que se da conta de que algo non vai ben?
En fin!

No hay comentarios:

Publicar un comentario