Benvidos!

Ola, benvidos ao meu blogue. Espero que sexa do voso agrado, aínda que teño que recoñecer que non é que me esforce moito, nin escribindo nin en mostrar unha boa apariencia. Que va, é broma. Si que me esforzo e si non vos gusta ou non mo digades ou mentídeme. Veña, pasádeo ben por estes lares!

martes, 22 de febrero de 2011

Timmy vai morrer

Estaba eu tan tranquila xogando ao Tekken (vale, tranquila non, estaba berrando e toleando) cando de repente miro os meus peixiños e vexo que falta Timmy. Estaba enganchado no puto filtro. Saltei do sofá coma se houbese un resorte debaixo miña, desenchufeino e metín a man para desenganchalo desa trampa mortífera, esperando que seguise tan ben coma sempre. Pero non foi así. Agora está sen forzas, vivo, pero sen forzas. Non pode nadar, ten a aleta rota. Vai morrer. Estou moi triste. Aínda encima non podo pillalo e acaricialo como faría con calquera outra mascota. Que impotencia. Putos filtros de merda. Non quero que morra :(

lunes, 21 de febrero de 2011

Cabreo máximo

Sempre me considerei unha persoa que, máis ou menos, se leva ben con todo o mundo. Tampouco consideraba que fose odiada por ninguén. Nunca fixen nada que puidese molestar á xente. Ou iso pensaba ata hai uns minutos.
Polo visto o feito de falar galego converteuse nun motivo para que alguén me odie. Para que me odie moito. Estou cabreada, cabreadísima. A historia foi máis ou menos así:
X: "Y" te odia. Mucho.
Eu: A min? Por que?
X: Porque hablas gallego. Dice que hablas gallego arcaico.
Eu, entrando nunha ira profunda falei con "Y".
Eu: Que é iso de que falo galego arcaico?
Y: Gallego ultranormativo.
Eu: Galego ultranormativo? Como se nota que non sabes o que é o galego normativo, porque como o chegase a falar igual me chamas reintegracionista.
Y: Cuando entienda lo que me dices igual podemos mantener una conversación xDDDD
Eu: Non me entendes por falar galego ou porque uso termos que non entran na túa lingua cervantina?
Y: No entendí reintegracionista. (...)
Ben, deixo a conversa aquí porque non hai moito máis que contar. Non penso dar nomes, así que non mos preguntedes. Que conste que non odio os reintegracionistas nin nada polo estilo. Simplemente faime gracia que alguén diga que eu, coa cantidade de castelanismos que emprego a diario, falo galego ultranormativo. Por tanto, imaxinádevos se chego a falar correctamente, sen ningún tipo de interferencia...Quizais non se entende a ironía, pero nese caso só tedes que preguntarme, non terei problema en explicalo.
Teño ganas de romper cousas, de gritar, de chorar de rabia. Non sei, é incrible que alguén poda odiar a outra persoa simplemente polo feito de falar un idioma en concreto. Mais, que é o peor? Que estou segura de que se polo contrario o que falase ultranormativo fora o inglés, a cousa sería distinta. Probablemente sería un feito de admiración.
Todo este tema recordoume a unha entrada do meu amigo Joaquín que casualmente lin hoxe. Deberiades lela, que é moi interesante: http://pidamos-o-imposible.blogspot.com/2011/02/porque-e-unha-lingua-bruta-que-soa-mal.html
En fin, non teño máis que dicir.

domingo, 20 de febrero de 2011

Listo

Acabei de modificar o meu blogue. Non sei se quedou mellor pero agora xa foi.
Agora estou chorando como unha tonta tras ver Esta casa era una ruina, versión de EEUU. Incríbeis historias as que se poden ver neste programa. Encántame.
Ben, perfecto, agora que me iba poñer a estudar, o veciño de arriba púxose a escoitar música a todo volume. Polo menos hoxe non é a mesma canción de onte, que non contento con que se oíse en toda a rúa, cantábaa a toda voz: Me cago en esos putos rumanos, hijos de puta, putaaa.
E eu que pensaba que esas cancións xa non se oían...En fin...!!
Deus, isto é horrible. Música techno máis alta que a que oín en calquera das discotecas en que estiven. Aínda encima berra! Pero que...?¿?¿?¿??¿?¿?
Vou intentar estudar...
Un saúdo dende Pachá Coruña!

sábado, 19 de febrero de 2011

Estou farta.

Vinme obrigada a borrar a miña fantástica cabeceira xa que aos xestionadores do meu blogue lles pareceu bonito cortala pola metade. En fin.
O martes teño un exame e aínda non estudei case nada. En breves irei ao salón para viciar ao meu prezado Tekken 5. Cabréome cando xogo, pero co contenta que me poño ao gañar merece a pena.
Ademais, estou soíña no piso dende xoves e teño que evadirme desta triste realidade. Claro, algún estará pensando: menuda escusa tan mala. Pero non, non o é. Vale, quizais si. É igual, o caso é que necesito diversión, adrenalina! De noite prometo estudar un pouquiño :)
Un saúdo, espero volver a vervos canto antes. (a quen? non sei, pero é o que se me ocorreu)

sábado, 22 de enero de 2011

Vós tamén vedes a foto da cabeceira do blogue cortada xusto por onde pon Gustame o c/...???
Ou só son eu? Malditos cambios!

jueves, 13 de enero de 2011

Flepante.

Onte, viña eu pola rúa cara a miña casa e un señor moi amábel ofreceume un papeliño de propaganda relixiosa. Dinlle as gracias por educación, que a min estas cousas ...
En fin, poñome a ler o texto e vexo que, entre outras cousas, hai esta declaración:

Cuando Dios elimine la maldad y el sufrimiento, la Tierra se transformará en un paraíso donde la gente podrá vivir feliz para siempre y con salud perfecta. La Biblia predice que Dios "limpiará toda lágrima de sus ojos, y la muerte no será más, ni existirá más lamento ni clamor ni dolor".
En ese nuevo mundo, incluso se devolverá la vida a muchísimas personas que han muerto para que también disfruten de esas bendiciones.

Hai máis, pero con iso xa se pode ver por onde vai o tema. Pero imos ver, quen se pode crer semexante parrafada?????? A min personalmente fíxome gracia, pero dame medo pensar que hai xente que realmente se cre todo isto. Algún día gustaríame facer un estudo de como vive esta xente que reparte os folletos estes, só por curiosidade. Claro que igual me convirto nunha deles e non me volvedes a ver nunca máis...Sei que non poderíades soportalo :)

miércoles, 5 de enero de 2011