Benvidos!

Ola, benvidos ao meu blogue. Espero que sexa do voso agrado, aínda que teño que recoñecer que non é que me esforce moito, nin escribindo nin en mostrar unha boa apariencia. Que va, é broma. Si que me esforzo e si non vos gusta ou non mo digades ou mentídeme. Veña, pasádeo ben por estes lares!

miércoles, 5 de enero de 2011

viernes, 24 de diciembre de 2010

¬¬'

Estou escribindo mentres espero a que chegue miña nai para cambiar a bombona de butano. Si, estaba na ducha e acabouse a auga quente. Cunde.

P.D. Non nos tocou o gordo, pero sí unha pedrea. Só iso serviu para que me puxesen o blogue coma antes. Jah!

martes, 14 de diciembre de 2010

EH! Que pasa aqui!

Estou vendo que cambiaron o modelo do meu blogue ao seu libre albedrío! Quen vos deu permiso? Cando me toque a lotería comprareime a miña propia liña de blogues e poñereino como a min me de a gana. Malditos bastardos!

Diretas á fama!

Hoxe, esperando na cola para comprar lotería na famosa administración de lotería de Coruña (non direi nomes para non dar publicidade), vin que había unha cámara rondando a porta de entrada. Asustada, díxenllo a Paula Canoura.
T - Paula! Que hai unha cámara! Seguro que é en direto e vainos tocar. Aaaaaaaah!
P - E eu non alisei o pelo!
T - Ala Paula, que presumida.
Pasa o tempo e vemos que aínda segue o señor entrevistando. Acercámonos máis á porta. Segue alí. O terror chega ás nosas caras. Peitéome mirándome no reflexo dunha porta. Paula roña dicindo que despois digo que é ela a presumida.
P - Tania, mira estes números que hai aquí colgados, cal pillamos? (o entrevistador acércase a nós sixilosamente mentres finximos, unha mirar os números e outra estar a falar por teléfono).
E - Aquí hai dúas rapazas que non teñen pinta de querer falar (Tócalle a Paula a espalda, ela vírase e prepárase para a pregunta). Ola, estamos en direto para a Galega, vides comprar lotería?
P - Si!
E - Un número cada unha?
P - Si.
T - Ai, eu non, eu veño por dous...
E - Ah, moi ben. E que faríades con tantos cartos?
P - É que eu non teño esperanza de que me toque...
E - Hahaha, entón para que ves?
P - Por mandatos...de mamá. Hahahaha.
E - Hahaha, pois moita sorte entón. (Dase a volta e despídese de toda a multitude que estaba a ver nese momento a galega e que quedou asombrada ante a nosa arte de declamación).
T - Jefada, xa sabía que nos ía tocar!
Señora que estaba detras nosa - Jajaja, al final os ha tocado!
T e P - Si...je je

Compramos a lotería, vainos tocar, seremos aínda máis famosas. A xente proclamaranos cando nos vexa. Dirá: Son elas! As rapazas que saíron na televisión aquel 14 de decembro! Viva! Viva!

Fin

sábado, 27 de noviembre de 2010

Sms dun venres noite...

Taniaaaa!!? Juf'daads?!?a va, ms a jzcer ahgkoera!!! Eg???? Ts apaxzsas?!!! Ua revale!!! Buwenp and pña peroxima bz lo das rodoo ejhhÇÇ!!!

miércoles, 24 de noviembre de 2010

sábado, 13 de noviembre de 2010

Gran sabiduría de Google

Esta información saqueina do Tuenti de HC, pero pareceume tan graciosa que a decidín poñer aquí para recordala dentro duns anos.
Entrade en Google, accedede á aplicación de mapas do mesmo e, dentro desta, clicade en "Cómo llegar". Estando aí poñede de destino A "Japón" e de destino B "China". Buscar. Mirade o punto 43.
Logo disto, seguide os mesmos pasos pero en lugar de poñer de destino B "China", poñede de destino B "Taiwan". Agora mirade o paso 79.
É tan XENIAL!!!!